luns, 12 de decembro de 2016

xoves, 20 de outubro de 2016

Polígonos regulares

Bos días estimados alumnos.

Pasamos a un novo tema que ten como protagonistas aos polígonos regulares.
Tendes o proceso para debuxar cada un deles e exercicios para practicar nesta ligazón:

Polígonos regulares

Saúdos

martes, 11 de outubro de 2016

Cuadriláteros

Hola clase!
Tendes os exercicios do novo tema na seguinte ligazón:
Cuadriláteros

Saúdos

martes, 27 de setembro de 2016

Estimados alumnos.

Tendes as ligazóns para os dous primeiros temas da asignatura.
Podedes acceder picando na  ligazón ou ben escaneando o código QR.
Paralelismo e perpendicularidade + Ángulos


domingo, 26 de xuño de 2016

I regata RC Solar Marine Instruments.

Tras varios meses de traballo interdisciplinar nas asignaturas de Tecnoloxía e Educación Plástica, Visual e Audiovisual, o noso centro participou na I regata RC Solar organizada pola empresa nigranense Marine Instruments.
Esta entidade proporcionou o material necesario para a construción de dous prototipos de buques propulsados con motores eléctricos, que son alimentados con placas solares.


Fomos premiados co segundo posto no deseño do barco máis orixinal!!!

Noraboa polo esforzo de todos estes meses.









luns, 6 de xuño de 2016

3º ESO. Repaso triángulos


Estimados alumnos
Para que poidades repasar as rectas e puntos notables dos triángulos déixovos esta presentación de prezi.

Téndelo na seguinte ligazón:
Rectas e Puntos notables do triángulo

Saúdos


mércores, 25 de maio de 2016

3º ESO. Exercicios para vistas.

Bos días clase!.

Vouvos proporcionar unha ligazón a unha interesante páxina, mantida por Fernando Ortiz de Lejarazu que poderedes practicar vistas diédricas. 

Está na seguinte ligazón.

http://www.educacionplastica.net/3dcube_model/vistas_3d_2x2.html

Saúdos.



mércores, 18 de maio de 2016

Certame Galego de Creadores Novos. Xuventude crea 2016.

Se tes 16 anos cumpridos no 2016 podes presentarte a este Concurso, convocado pola Xunta.
O prazo remata o 30 de xuño.
Aínda estades a tempo de presentar os vosos traballos!

Podedes consultalo na seguinte ligazón

XUVENTUDE CREA 2016

xuventudecrea2016

Saúdos

martes, 10 de maio de 2016

3º ESO. Curvas técnicas: espirais, óvalo e ovoide.

Estimados alumnos.
Continuamos a avanzar pola xeometría plana. Tócalle o turno agora ás curvas técnicas, coas espirais de dous e tres centros e máis óvalo e ovoide.

Están paso a paso na seguinte ligazón:

Espiral de tres centros, espiral de dous centros, óvalo, ovoide

Saúdos

luns, 9 de maio de 2016

Polígonos regulares. Construción polo método xeral.

Estimada clase.
Rematamos xa os polígonos regulares, construíndoos mediante o método xeral, co cal podemos realizar calquera polígono regular.

Os apuntamentos están na seguinte ligazón: Polígonos regulares método xeral.

Saúdos

mércores, 4 de maio de 2016

3º ESO. Polígonos regulares. Heptágono e octógono.

Estimados alumnos:
Con esta entrada comparto a carpeta cos polígonos regulares que restan: heptágono e octógono.
Trátase da mesma carpeta que empregamos para este tema pero ampliada a estes dous últimos polígonos.

Heptágono e octógono

Saúdos

domingo, 1 de maio de 2016

Polígonos regulares. Pentágono e Hexágono

Bos días, clase!
Xa tendes nesta entrada os próximos exercicios de polígonos regulares. Neste caso proseguiremos co pentágono e o hexágono dados o lado e a circunferencia circunscrita.

Trátase da mesma carpeta que empregastes para os anteriores exercicios. Podedes ver a súa construción na seguinte ligazón

Pentágono e Hexágono


Saúdos e feliz domingo.

sábado, 30 de abril de 2016

Pintando con luz círculo e elementos.

Tamén quero amosar os traballos que fixeron os alumnos de 1º de ESO co círculo e os seus elementos

Tédelos na seguinte ligazón:

Pintando con luz círculo e elementos

Saúdos-

Hologramas

Bos días!
Déixovos imaxes e vídeos sobre os hologramas que estivemos a facer no anterior trimestre, aló polo mes de xaneiro, combinados con imaxes isométricas realizadas na clase.

Saúdos.

Hologramas

Hologramas e perspectiva isométrica (diapos)

Hologramas e perspectiva isométrica (vídeo)






domingo, 24 de abril de 2016

3º ESO. Polígonos regulares. Triángulo equilátero e cadrado.

Hola clase!
Para os que teñades rematado de facer ben as rectas e puntos notables do triángulo, temos outra entrega de xeometría plana: os polígonos regulares.
Escomezamos polo triángulo equilátero e o cadrado.

Téndelos paso a paso, na seguinte ligazón:

Polígonos regulares: triángulo equilátero e cadrado

Saúdos

martes, 19 de abril de 2016

Estimados alumnos:

Tendes a nova carpeta que contén as rectas e puntos notables dos triángulos, e unha páxina de exercicios que teredes que facer para o próximo luns.
Está na seguinte ligazón:

 Rectas e puntos notables do triángulo

No tempo de clase seguiredes coa confección do proxecto compartido con Tecnoloxía no que estamos embarcados.

Saúdos

martes, 12 de abril de 2016

3º ESO. Ángulos

Hola!
Déixovos os novos exercicios de xeometría plana para entregar o luns próximo, xunto cunha figura que vos darei no encerado, para que vos afagades debuxar as vistas sen cuadrícula.

Os apuntamentos tédelos nesta carpeta:


Saúdos.

domingo, 10 de abril de 2016

3º de ESO.Paralelismo e perpendicularidade

Estimada clase:
Comparto tamén os apuntamentos da parte de xeometría plana. Neste caso os correspondentes a Paralelismo e Perpendicularidade, que tendes na seguinte carpeta:
Paralelismo e perpendicularidade

Saúdos

3º de ESO. Vistas diédricas

Estimados alumnos:

Xa tendes a presentación do tema Vistas diédricas que estamos a traballar estes días.
Está na seguinte ligazón:

Vistas diédricas

Saúdos.

martes, 22 de marzo de 2016

Pintar e debuxar con luz: traballos libres.

Déixovos imaxes do traballo que realizaron os alumnos de 3º de ESO empregando os seus dispositivos móbiles e cámaras fotográficas con aplicacións a xeito de lanterna e velocidades de obturación baixas.
A continuación:
                                                             



                                              Contornados




                                                           

                                                                  Retratos tebrosos




                                                  Trazos






sábado, 19 de marzo de 2016

Xeometría descritiva e trazado con luz

Os alumnos de 3º de ESO construiron cubos en perspectiva cabaleira. A continuación realizaron o seu trazado a man alzada mediante a técnica do debuxado con luz.
Un resultado plástico a todas luces interesante.

Velaiván






1º ESO. A circunferencia.

Experimentemos unha nova forma de trazar circunferencias. Estamos afeitos a facelo cun compás e xiz, pero... e si acoplamos ao compás un pequeno foco luminoso e debuxamos con luz a circunferencia?

Vexamos unha pequena mostra do realizado en 1º de ESO.

Saúdos

Ensaiando o nome da circunferencia con grafías grecas


Custa un pouco manexar o compás de encerado...


...pero ao final acadámolo!




venres, 18 de marzo de 2016

Fin de trimestre

Estimados alumnos de 1º e 3º curso:

Chegou a fin do segundo trimestre. Agardo que collamos folgos nesta Semana Santa, para escomezar con forzas renovadas a recta final do curso.
En sucesivos posts irei amosando os traballos máis importantes que fixestes nesta parte do curso.

Ata a volta.


martes, 1 de marzo de 2016

luns, 15 de febreiro de 2016

3º ESO. Corpos xeométricos de revolución.Cono.

Estimados alumnos.
Escomezamos avanzando polos sólidos xeométricos. Agardando a súa quenda estaban os sólidos de revolución; neste curso veremos o cono e o cilindro.

Tendes a ligazón para acceder, de momento, á representación en isométrica da base do cono recto:

Cono recto de revolución

Saúdos.

mércores, 27 de xaneiro de 2016

3º eso. Aviso

Para aqueles alumnos de 3º de eso que suspenderon a proba: deberedes repetila e entregala o proximo día.

Saúdos

luns, 18 de xaneiro de 2016

3º de ESO. Perspectiva cabaleira.

Bos días, estimados alumnos.
Continuamos hoxe con outro sistema de representación: a perspectiva cabaleira.
Similar ao isométrico pero con algunhas diferenzas que podedes comprobar nesta ligazón:

Perspectiva cabaleira

Tamén tendes nesta ligazón os trabllos correpondentes á pirámide que fixestes coa técnica do falso linogravado.

Pirámides en isométrico e falso linogravado

Saúdos.

luns, 11 de xaneiro de 2016

3º de ESO. Os prismas

Ola clase!

Hoxe traballaremos con dous prismas en perpspectiva isométrica: o cubo e o ortoedro, ademáis de profundar un pouco máis no eido da xeometría do espazo, con imaxes fixas e documentais.

Ligazón:
Os prismas

Saúdos.

Formas modulares 1º ESO 2012.wmv





Ola clase!

Con este vídeo tomaremos exemplos para poder realizar a rede modular coa que estamos a traballar estes días.
Agardo que sexa ilustrativo, e así poderdes debuxar as vosas creacións.

Saúdos.

mércores, 6 de xaneiro de 2016

Traballos de 3º de ESO. Pirámide en isométrico e falso linogravado.

Ola estimados alumnos. Ledo Aninovo!
Escomezamos o novo ano coa publicación do traballo que fixemos antes do remate das clases.
Se vos lembrades estabamos coa representación en isométrica da pirámide e posterior aplicación da técnica do falso linogravado.Aínda faltan algúns traballos que se irán engadindo á carpeta
Tamén quero facervos partícipes dos traballos sobre o holograma que realizastes no trimestre anterior.

Podedes ir ás seguintes ligazóns para velos.

Hologramas

Pirámide en isométrico e falso linogravado

Vémonos na clase.


Traballos de 1º ESO. Pintar con luz

Ola estimados alumnos. Ledo Aninovo!
Xa de volta das vacacións de Nadal, escomezamos este novo ano cos traballos de "pintar" con luz que fixemos no anterior trimestre, e que estaban pendentes de publicar no blog da asignatura. Están na seguinte ligazón:

Traballos: Pintar con luz

Vémonos na clase. Saúdos.

Usamos cookies propias y de terceros que entre otras cosas recogen datos sobre sus hábitos de navegación para mostrarle publicidad personalizada y realizar análisis de uso de nuestro sitio.
Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. OK Más información | Y más