mércores, 27 de xaneiro de 2016

3º eso. Aviso

Para aqueles alumnos de 3º de eso que suspenderon a proba: deberedes repetila e entregala o proximo día.

Saúdos

luns, 18 de xaneiro de 2016

3º de ESO. Perspectiva cabaleira.

Bos días, estimados alumnos.
Continuamos hoxe con outro sistema de representación: a perspectiva cabaleira.
Similar ao isométrico pero con algunhas diferenzas que podedes comprobar nesta ligazón:

Perspectiva cabaleira

Tamén tendes nesta ligazón os trabllos correpondentes á pirámide que fixestes coa técnica do falso linogravado.

Pirámides en isométrico e falso linogravado

Saúdos.

luns, 11 de xaneiro de 2016

3º de ESO. Os prismas

Ola clase!

Hoxe traballaremos con dous prismas en perpspectiva isométrica: o cubo e o ortoedro, ademáis de profundar un pouco máis no eido da xeometría do espazo, con imaxes fixas e documentais.

Ligazón:
Os prismas

Saúdos.

Formas modulares 1º ESO 2012.wmv





Ola clase!

Con este vídeo tomaremos exemplos para poder realizar a rede modular coa que estamos a traballar estes días.
Agardo que sexa ilustrativo, e así poderdes debuxar as vosas creacións.

Saúdos.

mércores, 6 de xaneiro de 2016

Traballos de 3º de ESO. Pirámide en isométrico e falso linogravado.

Ola estimados alumnos. Ledo Aninovo!
Escomezamos o novo ano coa publicación do traballo que fixemos antes do remate das clases.
Se vos lembrades estabamos coa representación en isométrica da pirámide e posterior aplicación da técnica do falso linogravado.Aínda faltan algúns traballos que se irán engadindo á carpeta
Tamén quero facervos partícipes dos traballos sobre o holograma que realizastes no trimestre anterior.

Podedes ir ás seguintes ligazóns para velos.

Hologramas

Pirámide en isométrico e falso linogravado

Vémonos na clase.


Traballos de 1º ESO. Pintar con luz

Ola estimados alumnos. Ledo Aninovo!
Xa de volta das vacacións de Nadal, escomezamos este novo ano cos traballos de "pintar" con luz que fixemos no anterior trimestre, e que estaban pendentes de publicar no blog da asignatura. Están na seguinte ligazón:

Traballos: Pintar con luz

Vémonos na clase. Saúdos.

Usamos cookies propias y de terceros que entre otras cosas recogen datos sobre sus hábitos de navegación para mostrarle publicidad personalizada y realizar análisis de uso de nuestro sitio.
Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. OK Más información | Y más