sábado, 30 de abril de 2016

Pintando con luz círculo e elementos.

Tamén quero amosar os traballos que fixeron os alumnos de 1º de ESO co círculo e os seus elementos

Tédelos na seguinte ligazón:

Pintando con luz círculo e elementos

Saúdos-

Hologramas

Bos días!
Déixovos imaxes e vídeos sobre os hologramas que estivemos a facer no anterior trimestre, aló polo mes de xaneiro, combinados con imaxes isométricas realizadas na clase.

Saúdos.

Hologramas

Hologramas e perspectiva isométrica (diapos)

Hologramas e perspectiva isométrica (vídeo)






domingo, 24 de abril de 2016

3º ESO. Polígonos regulares. Triángulo equilátero e cadrado.

Hola clase!
Para os que teñades rematado de facer ben as rectas e puntos notables do triángulo, temos outra entrega de xeometría plana: os polígonos regulares.
Escomezamos polo triángulo equilátero e o cadrado.

Téndelos paso a paso, na seguinte ligazón:

Polígonos regulares: triángulo equilátero e cadrado

Saúdos

martes, 19 de abril de 2016

Estimados alumnos:

Tendes a nova carpeta que contén as rectas e puntos notables dos triángulos, e unha páxina de exercicios que teredes que facer para o próximo luns.
Está na seguinte ligazón:

 Rectas e puntos notables do triángulo

No tempo de clase seguiredes coa confección do proxecto compartido con Tecnoloxía no que estamos embarcados.

Saúdos

martes, 12 de abril de 2016

3º ESO. Ángulos

Hola!
Déixovos os novos exercicios de xeometría plana para entregar o luns próximo, xunto cunha figura que vos darei no encerado, para que vos afagades debuxar as vistas sen cuadrícula.

Os apuntamentos tédelos nesta carpeta:


Saúdos.

domingo, 10 de abril de 2016

3º de ESO.Paralelismo e perpendicularidade

Estimada clase:
Comparto tamén os apuntamentos da parte de xeometría plana. Neste caso os correspondentes a Paralelismo e Perpendicularidade, que tendes na seguinte carpeta:
Paralelismo e perpendicularidade

Saúdos

3º de ESO. Vistas diédricas

Estimados alumnos:

Xa tendes a presentación do tema Vistas diédricas que estamos a traballar estes días.
Está na seguinte ligazón:

Vistas diédricas

Saúdos.
Usamos cookies propias y de terceros que entre otras cosas recogen datos sobre sus hábitos de navegación para mostrarle publicidad personalizada y realizar análisis de uso de nuestro sitio.
Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. OK Más información | Y más