mércores, 25 de maio de 2016

3º ESO. Exercicios para vistas.

Bos días clase!.

Vouvos proporcionar unha ligazón a unha interesante páxina, mantida por Fernando Ortiz de Lejarazu que poderedes practicar vistas diédricas. 

Está na seguinte ligazón.

http://www.educacionplastica.net/3dcube_model/vistas_3d_2x2.html

Saúdos.



mércores, 18 de maio de 2016

Certame Galego de Creadores Novos. Xuventude crea 2016.

Se tes 16 anos cumpridos no 2016 podes presentarte a este Concurso, convocado pola Xunta.
O prazo remata o 30 de xuño.
Aínda estades a tempo de presentar os vosos traballos!

Podedes consultalo na seguinte ligazón

XUVENTUDE CREA 2016

xuventudecrea2016

Saúdos

martes, 10 de maio de 2016

3º ESO. Curvas técnicas: espirais, óvalo e ovoide.

Estimados alumnos.
Continuamos a avanzar pola xeometría plana. Tócalle o turno agora ás curvas técnicas, coas espirais de dous e tres centros e máis óvalo e ovoide.

Están paso a paso na seguinte ligazón:

Espiral de tres centros, espiral de dous centros, óvalo, ovoide

Saúdos

luns, 9 de maio de 2016

Polígonos regulares. Construción polo método xeral.

Estimada clase.
Rematamos xa os polígonos regulares, construíndoos mediante o método xeral, co cal podemos realizar calquera polígono regular.

Os apuntamentos están na seguinte ligazón: Polígonos regulares método xeral.

Saúdos

mércores, 4 de maio de 2016

3º ESO. Polígonos regulares. Heptágono e octógono.

Estimados alumnos:
Con esta entrada comparto a carpeta cos polígonos regulares que restan: heptágono e octógono.
Trátase da mesma carpeta que empregamos para este tema pero ampliada a estes dous últimos polígonos.

Heptágono e octógono

Saúdos

domingo, 1 de maio de 2016

Polígonos regulares. Pentágono e Hexágono

Bos días, clase!
Xa tendes nesta entrada os próximos exercicios de polígonos regulares. Neste caso proseguiremos co pentágono e o hexágono dados o lado e a circunferencia circunscrita.

Trátase da mesma carpeta que empregastes para os anteriores exercicios. Podedes ver a súa construción na seguinte ligazón

Pentágono e Hexágono


Saúdos e feliz domingo.
Usamos cookies propias y de terceros que entre otras cosas recogen datos sobre sus hábitos de navegación para mostrarle publicidad personalizada y realizar análisis de uso de nuestro sitio.
Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. OK Más información | Y más