luns, 25 de setembro de 2017

LECTURA 4º ESO

LECTURA 2


A ARTE ÓPTICA E VICTOR VASARELY.
A Arte Óptica, unha das tendencias abstractas de posguerra que se desenvolveu principalmente en Europa, tiña unha orientación científica, obxectiva e interactiva. Os artistas ópticos creaban obras non figurativas con liñas, formas e cores para producir ilusións de movemento, espazo e luz. Eses traballos, na súa maioría xeométricos, centrábanse na percepción do observador e nas transformacións ópticas en lugar de nun obxecto concreto.

Nacido en Hungría, Victor Vasarely (1908-97) chegou ser un dos líderes da Arte Óptica en Europa. Abandonou os estudos de medicina aos vinte anos para dedicarse á arte. Trasladouse a París, onde tivo bastante éxito como deseñador gráfico en publicidade antes de entregarse á pintura. A principios da década de 1950, as súas pinturas abstractas estaban cheas de grandes formas xeométricas, para as que se inspiraba en baldosas, formas naturais e elementos paisaxísticos; pero cara a mediados desa década abandonou o natural en favor da abstracción pura, tomando como fontes a xeometría, as relacións cromáticas, os sistemas matemáticos e a psicoloxía da Gestalt, a escola de psicoloxía que sentou os alicerces do estudo moderno da percepción. Vasarely tamén é coñecido por promover as ideas da Arte Cinética, que buscaba crear a sensación de movemento a través de ilusións ópticas nunha superficie plana. As súas pinturas ofrecen xogos ópticos, e algúns son tan extremos que chegan marear ou incomodar ao espectador.

Vasarely traballou en Lacerta entre 1955 e 1979, un período no que o seu estilo e os seus intereses evolucionaron. Con todo, as calidades ópticas desa obra aseméllanse ás da época que comezou en 1968: a disposición dos elementos compositivos creaba a ilusión de que as formas sobresaían do plano pictórico e parecían volumes tridimensionais.
                                            

Fonte: Abstracción pictórica, 1949–1969: Selecciones de las Colecciones Guggenheim.
ttps://www.guggenheim-bilbao.eus/guia-educadores/victor-vasarely-lacerta-1955-79/




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Usamos cookies propias y de terceros que entre otras cosas recogen datos sobre sus hábitos de navegación para mostrarle publicidad personalizada y realizar análisis de uso de nuestro sitio.
Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. OK Más información | Y más