xoves, 28 de xuño de 2018

Meteoescolas e Plástica

Imos ver a contribución da nosa asignatura nos tres cursos de ESO para o Plan Proxecta-Meteoescolas.

1º ESO
METEO TIME-LAPSE

3º ESO
METEOESTENOPEICA

4º ESO
MÁIS ARTE

Tamén podedes ollar outras actividades feitas noutras materias na web NEBOEIRO 4.0









III Regata Solar

O pasado 23 de xuño a nosa clase de 3º de ESO participou na III Regata Solar, concurso convocado pola empresa Marine Instruments. Este curso, unindo as materias de Plástica e Tecnoloxía, baseamos a nosa nave nos drakkars vikingos, obtendo o  1º Premio ao deseño máis orixinal. Podedes comprobar o magnífico ambiente vivido na Praia de Ribeira na seguinte ligazón:







Podedes ver cómo se fixo nesta ligazón:




venres, 26 de xaneiro de 2018

Hologramas 3º eso

Estimados alumnos:
Tendes esta ligazón para realizar os hologramas que estamos a ver neste tema aquí:

Tarefas holograma

martes, 3 de outubro de 2017

Bos días estimados alumnos!
Na vindeiras clases descubriremos a obra dunha artista nada en Viena pero que vive en España desde o ano 68.
Trátase de Eva Lootz, e apreciaremos os seus traballos a través dos textos que nos ofrece o CGAC no dossier explicativo que tendes na seguinte ligazón:

EVA LOOTZ

luns, 25 de setembro de 2017

LECTURA 4º ESO

LECTURA 2


A ARTE ÓPTICA E VICTOR VASARELY.
A Arte Óptica, unha das tendencias abstractas de posguerra que se desenvolveu principalmente en Europa, tiña unha orientación científica, obxectiva e interactiva. Os artistas ópticos creaban obras non figurativas con liñas, formas e cores para producir ilusións de movemento, espazo e luz. Eses traballos, na súa maioría xeométricos, centrábanse na percepción do observador e nas transformacións ópticas en lugar de nun obxecto concreto.

Nacido en Hungría, Victor Vasarely (1908-97) chegou ser un dos líderes da Arte Óptica en Europa. Abandonou os estudos de medicina aos vinte anos para dedicarse á arte. Trasladouse a París, onde tivo bastante éxito como deseñador gráfico en publicidade antes de entregarse á pintura. A principios da década de 1950, as súas pinturas abstractas estaban cheas de grandes formas xeométricas, para as que se inspiraba en baldosas, formas naturais e elementos paisaxísticos; pero cara a mediados desa década abandonou o natural en favor da abstracción pura, tomando como fontes a xeometría, as relacións cromáticas, os sistemas matemáticos e a psicoloxía da Gestalt, a escola de psicoloxía que sentou os alicerces do estudo moderno da percepción. Vasarely tamén é coñecido por promover as ideas da Arte Cinética, que buscaba crear a sensación de movemento a través de ilusións ópticas nunha superficie plana. As súas pinturas ofrecen xogos ópticos, e algúns son tan extremos que chegan marear ou incomodar ao espectador.

Vasarely traballou en Lacerta entre 1955 e 1979, un período no que o seu estilo e os seus intereses evolucionaron. Con todo, as calidades ópticas desa obra aseméllanse ás da época que comezou en 1968: a disposición dos elementos compositivos creaba a ilusión de que as formas sobresaían do plano pictórico e parecían volumes tridimensionais.
                                            

Fonte: Abstracción pictórica, 1949–1969: Selecciones de las Colecciones Guggenheim.
ttps://www.guggenheim-bilbao.eus/guia-educadores/victor-vasarely-lacerta-1955-79/




luns, 18 de setembro de 2017

Benvidos ao curso 2017-18

Bos días estimados alumnos.

Douvos a benvida a este novo curso 2017-18!

Nesta entrada tendes a ligazón para acceder aos contidos da asignatura, a través de Symbaloo para 1º, 3º e 4º da ESO.
CONTIDOS 1º ESO

CONTIDOS 3º ESO

CONTIDOS 4º ESO

luns, 8 de maio de 2017

3º ESO. Curvas técnicas para embarcarnos no proxecto náutico.

Bos días clase!
Hoxe imos escomezar unha nova singradura, embarcándonos na construción dun dos cascos dos barcos para a futura regata en Baiona, tal como fixemos o ano pasado.
Para isto temos que mergullarnos no eido das curvas técnicas.
Téndelas na seguinte ligazón:

Curvas técnicas

Saúdos.

Usamos cookies propias y de terceros que entre otras cosas recogen datos sobre sus hábitos de navegación para mostrarle publicidad personalizada y realizar análisis de uso de nuestro sitio.
Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. OK Más información | Y más